FICHA TÉCNICA:
Título: Omaha Beach. Ensayo para una antropología de la guerra
Autor: José Luis Cardero López
Editorial: Ab Origine Edicións
Idioma: Galego
Impresión: Cor
Tamaño: 23×16
Prezo: 20 €
260 páxinas
Ano: 2019
I.S.B.N.: 978-84-947844-2-2
DESCRICIÓN:
Escribo estas liñas sentado á beira do mar. Ás miñas costas esténdese outro mar de cruces brancas, erguidas sobre unha pradaría verde, tranquila e coidadosamente recortada. Dende aquí, nunha tarde de verán, podo ver perfectamente delimitadas, por unha banda, a liña na que rompen as ondas, alá na beira; pola outra, a liña na que rematan as cruces.
Estou no cemiterio militar de Saint-Laurent, sobre a praia que, aínda hoxe, conserva o seu nome en clave secreto: Omaha Beach. Inaugurado o 18 de xullo de 1956, foi construído polo Goberno estadounidense a través da American Battle Monuments Commission. Ocupa unha superficie de 70 hectáreas e acolle os restos de 9.387 soldados estadounidenses, mortos durante o desembarco do Día D, o 6 de xuño de 1944, e nas posteriores e cruentas batallas que tiveron lugar ao longo dos tres meses seguintes.
Non é a primeira vez que veño realizar os meus estudos antropolóxicos sobre estes lugares de guerra e sufrimento. Cómpre dicir tamén que este non é un cemiterio máis, senón un espazo ateigado de mensaxes e suxestións, cheo de misterio e tamén, como non, dunha certa sensación estraña que non me atrevería a describir.
Omaha Beach é unha proposta de interpretación antropolóxica das actividades e repercusións dos fenómenos asociados aos conflitos bélicos, a partir dun estudo de caso centrado no patrimonio material e inmaterial relacionado co desembarco de Normandía durante a Segunda Guerra Mundial.