FICHA TÉCNICA:
Título: Hakenkreuz, Gammadion, Swastika: Estrellas, Laberintos y Caminos de los Muertos (2 volumes)
Autor: José Luis Cardero
Editorial: Ab Origine Edicións
Idioma: Español
Impresión: Cor
Tamaño: 23×16
Prezo: 50 €
Ano: 2019
I.S.B.N.: 978-84-947844-6-0
Páxinas:
Vol. 1: 602 páx.
Vol. 2: 586 páx.
DESCRICIÓN:
Os signos, e as súas culminacións significantes, os símbolos, son resposta ás nosas inquedanzas e, á súa vez, o xérmolo de novas preguntas. Cando uns e outros aparecen perante nós ou insinúanse no noso pensamento, maniféstanse sentidos que antes non estaban e esvaecen aqueles que criamos seguros e definitivos.
Neste libro, o antropólogo José Luis Cardero , adéntranos no mundo dos símbolos, amosándonos a ampla variedade que se agocha tras este tipo de representacións e asociándoos tanto a interpretacións populares como a outras de carácter especializado.
A través dunha análise pormenorizada no que se entretecen mitos e símbolos, o autor explora as connotacións históricas e contemporáneas dunha tradición simbólica que transcende a calqueira especificidade cultural e que afonda nas orixes mesmas da humanidade.