Este libro supón unha aposta decisiva pola apertura do obxectivo para incorporar á tradicional visión arqueolóxica dos petróglifos -que amosa claramente as súas limitacións- outros puntos de vista, outras lecturas -singularmente dende a perspectiva antropolóxica e etnográfica- coa intención de minimizar o reducionismo e mostrar unha visión máis ampla e multidisciplinar.
Cuestiona, en particular, a suposta inintelixibilidade dos nosos gravados rupestres -un aspecto exposto, case sempre, sen matices- que, ao noso xuízo, debería suscitar unha ampla discusión.
Os petróglifos galegos gardan celosamente moita información, o que xustifica a ineludible necesidade de velar pola súa protección e conservación. A súa perda faríanos máis pobres culturalmente.